Somos Rede Transforma

A Rede Transforma, creada no ano 2011, é unha rede de máis de 30 comunidades educativas comprometida coa incorporación dunha Educación Transformadora para a Cidadanía Global. Conta co impulso e o acompañamento de InteRed, constituíndo un espazo de formación, reflexión e intercambio para o profesorado, en particular, e para a comunidade educativa, en xeral. Para a súa articulación, a Rede organiza un encontro anual, dispón de recursos educativos e realiza intercambios entre centros/profesorado a nivel territorial, entre outras accións.

O noso compromiso coa educación transformadora

Cuestionamos el actual modelo de desarrollo socioeconómico

Cuestionamos o actual modelo de desenvolvemento socioeconómico xerador de inxustiza, desigualdade e exclusión, que vulnera os dereitos das persoas e dos seres do planeta.

Proponemos una educación orientada a la transformación

Propomos unha educación orientada á transformación persoal, colectiva e social, cun enfoque humanista e integrador.

Ejercemos una ciudadanía global

Exercemos, de forma crítica e comprometida, unha cidadanía global que garanta os dereitos de todas as persoas e pobos do mundo.

Formamos personas

Formamos persoas que coiden e vivan en harmonía coa Natureza.

Promovemos una educación inclusiva e intercultural

Promovemos unha educación inclusiva e intercultural que favoreza a convivencia, o recoñecemento da diversidade e o enriquecemento social.

Destacamos la opción de la coeducación

Destacamos a opción da coeducación, orientando a acción educativa á equidade de xénero, á prevención das violencias machistas e ao desenvolvemento de todas as capacidades de cada persoa.

Creemos en la posibilidad de cambiar esta realidad

Cremos na posibilidade de cambiar esta realidade pondo a vida e a súa sustentabilidade no centro das decisións políticas, educativas e socioeconómicas.

Que nos facilita a alianza con InteRed?

Acompañamento a equipos de traballo para favorecer o avance da Educación Transformadora para a Cidadanía Global nas comunidades educativas.

Formacións a claustro, equipos directivos e outros equipos en cidadanía global, coeducación, enfoques educativos transformadores (xénero, dereitos humanos, interculturalidade, sustentabilidade ambiental), metodoloxías innovadoras…

Materiais e recursos didácticos. Acompañamento no seu uso e na programación e traballo docente.

Propostas didácticas que vinculan o local (a nosa realidade) co global (achegándonos a realidade das poboacións locais coas que InteRed colabora en proxectos de cooperación internacional).

Coñecemento doutras experiencias educativas con intercambios de profesorado de América Latina e o Caribe.

Campañas educativas e de incidencia, favorecendo a mobilización xuvenil.

Obradoiros e propostas educativas para estudantes e familias.

Encontros presenciais rexionais e nacionais da Rede Transforma.

Ser parte doutras redes educativas coma o Movemento por unha Educación Transformadora e a Cidadanía Global.

Participación en accións de captación de fondos para apoiar proxectos de cooperación internacional para o desenvolvemento.

Movémonos pola Educación Transformadora para a Cidadanía Global

Somos parte do Movemento pola Educación Transformadora e a Cidadanía Global, promovido por InteRed, Entreculturas, Oxfam Intermón e Alboan xunto coas redes de profesorado e centros educativos que acompañamos.

O Movemento ten como obxectivo impulsar o intercambio e a aprendizaxe conxunta para o desenvolvemento de prácticas educativas transformadoras. Diríxese, preferentemente, a centros educativos e profesorado, fomentando experiencias educativas de cidadanía global que permitan a creación dun movemento máis amplo, que os ligue máis aló das súas aulas e escolas coa realidade global e coa busca do ben común.

Entendemos a Educación Transformadora para a Cidadanía Global (ETCG) como un proceso socioeducativo continuado que promove unha cidadanía global crítica, responsable e comprometida, a nivel persoal e colectivo, coa transformación da realidade local e global para construír un mundo máis xusto, máis equitativo e máis respectuoso coa diversidade e co medio, no que todas as persoas poidamos desenvolvernos libre e satisfactoriamente.

A ETCG fomenta o respecto e a valoración da diversidade como fonte de enriquecemento humano, a conciencia ambiental e o consumo responsable, o respecto dos dereitos humanos individuais e sociais, a equidade de xénero, a valoración do diálogo como ferramenta para a resolución pacífica dos conflitos e a participación democrática, a corresponsabilidade e o compromiso na construción dunha sociedade xusta, equitativa e solidaria.

Desde os seus inicios, o Movemento contou co apoio e o financiamento da Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID).

Este sitio web utiliza cookies para mejorar la experiencia del usuario. Al continuar navegando aceptas su uso. Más información

ACEPTAR
Aviso de cookies