Os recursos da Rede Transforma

Para coñecer os nosos recursos educativos, fai clic nalgunha das seguintes categorías e visita este apartado na páxina web de InteRed.

Has atopar os materiais ordenados por data de publicación e un buscador por palabra chave, tipo de recurso, temática e público destinatario.

Podes descargar as publicacións gratuitamente.

Destacados

Sae á vida, transforma o mundo

Un itinerario formativo, adaptado a cada etapa educativa de Segundo Ciclo de Infantil, Primaria, Secundaria, Bacharelato e Formación Profesional para a formación dun alumnado transformador e comprometido na acción local para o cambio global, coa proposta didáctica “Sae á vida, transforma o mundo”.

Un currículo orientado á cidadanía global. Aportes para a súa construción.

Como podemos impartir o currículo escolar para que impulse a cidadanía global?

Apostamos por un currículo que constrúa cidadanía global en coherencia cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible e a pedagoxía dos coidados. Propoñemos orientacións para impartir o currículo oficial de modo que se impulse dita cidadanía, un modo de traballar as materias atendendo aos enfoques da Educación Transformadora: Xustiza Global e Dereitos Humanos, Xénero e Coeducación, Interculturalidade e Inclusión, Participación e Sostibilidade Ambiental. Catro documentos independentes para Educación Infantil, Primaria, Secundaria (ESO e Bacharelato) e Formación Profesional, onde atoparemos a relación existente entre a Cidadanía Global e cada un dos elementos do currículo.

Sus, Tenta e Ble á procura da Axenda dos números

Un xogo cooperativo fundamentado na Educación Transformadora para a Cidadanía Global.

Sos, Ten y Ble en busca de la Agenda de los números [Sus, Tenta e Ble á procura da Axenda dos números], un xogo cooperativo fundamentado na Educación Transformadora para a Cidadanía Global. Está deseñado como recurso didáctico para ser utilizado, coas súas debidas adaptacións, nas aulas de Educación Infantil e Primaria. Tamén resulta idóneo para xogar a calquera idade, en familia ou noutros contextos educativos.

A meta do xogo é imaxinar e construír colectivamente a aventura que percorren tres personaxes durante a súa viaxe á procura dunha solución para evitar a destrución do medio no que viven. Atoparana na Axenda dos números, que non é outra ca Axenda 2030 para atinxir os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable.

Este sitio web utiliza cookies para mejorar la experiencia del usuario. Al continuar navegando aceptas su uso. Más información

ACEPTAR
Aviso de cookies