Que facemos as comunidades educativas da Rede Transforma?

Implementamos a Educación Transformadora para a Cidadanía Global.

Avanzamos en innovación educativa mediante metodoloxías transformadoras como a aprendizaxe-servizo, aprendizaxe baseada en proxectos transformadores, metodoloxías lúdicas e teatrais, metodoloxías socioafectivas, investigación-acción participativa, sistematización…

Aplicamos o enfoque de xénero aos nosos procesos e espazos educativos.

Participamos en campañas educativas e de incidencia, impulsando a mobilización do noso alumnado en defensa dos dereitos de todas as persoas e colectivos.

Favorecemos a participación de todos os membros da comunidade educativa: alumnado, profesorado, familias, persoal non-docente e a relación coa contorna.

Apoiamos proxectos de cooperación co desenvolvemento en diversos lugares do mundo.

Damos pasos cara á incorporación dos trazos de centros educativos transformadores para a cidadanía global:

RASGOS InteRed
Propuesta para Centros Educativos de Intered - curso 2022-23

As propostas da Rede Transforma

Cada curso escolar contamos cunha proposta para avanzar desde a educación transformadora no compromiso coa construción dun mundo máis xusto, máis equitativo e máis respectuoso coa diversidade e co medio.

Para este curso escolar, a proposta titúlase «Las 5 P del Desarrollo Sostenible» e concrétase en diversas sesións de traballo, destinadas ás diferentes etapas educativas, que xiran arredor dos cinco eixes da Axenda 2030 de desenvolvemento sustentable: Persoas, Planeta, Paz, Prosperidade e Partenariado.

Este curso escolar abordamos o Obxectivo de Desenvolvemento Sustentable (ODS) 5, meta 5.1. «Pór fin a todas as formas de discriminación contra todas as mulleres e as nenas, en todo o mundo», achegándonos á realidade de Perú, coa unidade didáctica «Vive máis a igualdade».

Para cada etapa educativa (Infantil, Primaria, Secundaria, Bacharelato e Ciclos Formativos) contamos con tres actividades didácticas; aínda que se pensaron para unha etapa concreta poden ser utilizadas e adaptadas a outras, especialmente para os cursos próximos. Na realización das actividades temos como soporte os seguintes vídeos:

Polos dereitos das mulleres en Perú

Unha montaña no patio

Emma está farta

Participamos en iniciativas para a prevención das violencias machistas desde a coeducación.

Logo Toca Igualdade

Este sitio web utiliza cookies para mejorar la experiencia del usuario. Al continuar navegando aceptas su uso. Más información

ACEPTAR
Aviso de cookies