La meta 4.7 o cómo enseñar desarrollo sostenible

A meta 4.7 ou como ensinar desenvolvemento sustentable

Guillermo Aguado, técnico de educación de InteRed, escribe en «Planeta Futuro» de El País sobre a Meta 4.7 dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable e a pertinencia de que España aplique canto antes un currículo educativo acorde co compromiso da Axenda 2030.

No canto da frase «nova normalidade», desde InteRed queremos pór a forza no mencionado lema da Axenda 2030: «Transformar o noso mundo». Non podemos manter un modelo de produción e consumo que destrúe a biodiversidade e alimenta o quecemento global; non podemos manter un modelo que pon o mercado no centro no canto de pór o coidado das vidas; non podemos manter un modelo individualista que non defende a saúde e a educación como bens públicos; non podemos manter un modelo no que os dereitos humanos se ven vulnerados cada día; non podemos manter un modelo no que as mulleres sofren discriminación e violencias polo feito de selo.



Este sitio web utiliza cookies para mejorar la experiencia del usuario. Al continuar navegando aceptas su uso. Más información

ACEPTAR
Aviso de cookies