As experiencias da Rede Transforma

Compartimos as experiencias educativas impulsadas polo profesorado para promover unha educación transformadora para a cidadanía global.

Exposición: Mulleres con Ciencia

O Centro de Educación Castroverde, de Santander, comparte: “Exposición: Mulleres con Ciencia”.Tratábase de que o alumnado do curso de 1.º de ESO, dende a materia de Educación Plástica, Visual e Audiovisual, descubrise as investigacións e inventos científicos e biografías das mulleres científicas que cambiaron o mundo.

_Cuida2: Proxecto ApS de Filosofía

_Cuida2: Proxecto ApS de Filosofía

O Colexio Santa Teresa, en Vistahermosa, Alicante, comparte connosco _Cuidad2, un proxecto de ApS en contexto Covid para formarse en igualdade e prevención de violencias machistas e converterse en persoas concienciadores da comunidade educativa e a sociedade en xeral.

A nosa roupa, a nosa responsabilidade: a pegada sociohídrica

A nosa roupa, a nosa responsabilidade: a pegada sociohídrica

O alumnado de 4.º da ESO organizou un stand no Colexio Lourdes (Madrid) denominado “A nosa roupa, a nosa responsabilidade: a pegada sociohídrica”. Neste stand, convidouse ao resto de alumnos e alumnas de 2.º da ESO a traer prendas de vestir da casa para poder medir o impacto social e ecolóxico que teñen no planeta e na vida das mulleres que as fabrican.

Semana de acollida: suma aprender, multiplica compartir

Semana de acollida: suma aprender, multiplica compartir

O CDP Santa María de los Ángeles é unha sociedade cooperativa formada por profesionais do ensino cuxa finalidade é a educación en todos os niveis na cidade de Málaga. Desenvolven unha experiencia educativa transformadora con grupos de Bacharelato que chegan novos ao centro, a través dunha metodoloxía cooperativa de acompañamento e apoio para integrarse nun novo grupo humano, adaptarse a novas metodoloxías, ferramentas tecnolóxicas e unhas temáticas que en moitos casos lles resultan alleas.

Día da Paz

Día da Paz

O Centro educativo CEIP Andalucía, da cidade de Córdoba, propón unha experiencia educativa que aproveita a celebración do Día da Paz para darlle un enfoque de Cidadanía Global a través do lema «Melloramos o mundo para vivir en paz», reflexionando e concienciando sobre os efectos do noso comportamento no medio.

Aprendendo xuntas, unhas persoas con outras. Aprendizaxe-Servizo (ApS) no barrio de Congrés Indians

Aprendendo xuntas, unhas persoas con outras. Aprendizaxe-Servizo (ApS) no barrio de Congrés Indians

Os centros educativos Escola Arrels e Centro de Educación Especial Sants Innocents, do barrio de Congrés Indians, distrito de Sant Andreu, en Barcelona, desenvolven unha experiencia educativa de Aprendizaxe-Servizo que favorece a articulación entre o coñecemento aprendido e o compromiso social.

Con esta experiencia lógrase incrementar a calidade educativa desde unha concepción pedagóxica que une o currículum co compromiso participativo e a achega solidaria ao desenvolvemento local, co obxectivo de favorecer a cohesión social no barrio.

Proxecto Educativo de Cidade Ulia máis urbana

Proxecto Educativo de Cidade Ulia máis urbana

Nesta experiencia educativa, o IES Ulia Fidentia, de Montemayor, en Córdoba, relátanos como se elaborou e asinou un «Proxecto Educativo de Cidade» común para todos os centros da localidade a proposta do Concello. Este proxecto é o resultado do traballo desenvolvido nos últimos anos sobre os coidados na vila e das asembleas de alumnas/os que teñen lugar no centro, cuxos resultados, reflexións e propostas de mellora foron compartidos no Concello.

Organigrama de actividades formativas

Organigrama de actividades formativas

Escola Equipo, Murcia, preséntanos como a participación e organización do centro se articula a través de tres grandes eixes que rexen o funcionamento e o traballo nel: a formación en valores, o coidado da contorna e a xestión da participación na comunidade educativa.

Trazos. Centros educativos transformadores

Trazos. Centros educativos transformadores

Nestes dous centros educativos de Málaga, o IES Pablo Picasso e o CDP Santa María de Los Ángeles, realizáronse varias sesións formativas e de traballo, para reflexionar sobre os trazos transformadores que se incorporaron, cales non, cales se queren priorizar e o camiño que cómpre seguir de agora en adiante para avanzar como centro educativo transformador para a cidadanía global.

Unha rede de raíces e coidados. Amasa o teu cerebro

Unha rede de raíces e coidados. Amasa o teu cerebro

O Colexio Santa Teresa, en Vistahermosa, Alicante, comparte connosco un proxecto educativo co que promoven traballar o pensamento crítico a través de actividades de materias e que están ligadas á alimentación saudable, a intelixencia emocional, o proceso de obtención de alimentos, a reutilización e a reciclaxe dos recursos, o enfoque de xénero, a inclusión de toda a comunidade educativa, integrando alumnado, familias, profesorado e PAS. En resumo, o proxecto preséntase coma un espazo multidisciplinar no que se tocan todas as esferas da vida.

Se queres dar a coñecer a túa experiencia de educación para a cidadanía global co resto da Rede Transforma, contacta coa delegación de InteRed da túa zona.

Subscríbete ao boletín de novas de InteRed

[mc4wp_form id=”146″]

Este sitio web utiliza cookies para mejorar la experiencia del usuario. Al continuar navegando aceptas su uso. Más información

ACEPTAR
Aviso de cookies