Dilemas e desafíos dunha Educación para la transformación. Algunhas aproximacións freirianas

Nas últimas décadas, caracterizadas por rápidos e profundos cambios económicos, sociais, políticos, culturais, foi unha preocupación recorrente no eido internacional preguntarse polo papel que xoga e o que podería xogar a educación neste contexto de cambios e transformacións. A esta inquietude xa buscaba dar resposta o informe que elaborou para a UNESCO a Comisión Internacional sobre a Educación para Século XXI, presidida por Jacques Delors, o cal comeza presentando que fronte aos desafíos actuais a educación constitúe “un instrumento indispensable” para que a humanidade poida progresar cara aos ideais de paz, liberdade e xustiza social, enfrontando e superando as tensións a) entre o mundial e o local; b) entre o universal e o singular; c) entre o longo e o curto prazo; d) entre competencias e igualdade de oportunidades; e) entre desenrolo de coñecementos e o acceso á información por unha parte e as capacidades de asimilación do ser humano, por outra.

Máis recentemente, o Foro Mundial sobre a Educación realizado en Corea no ano 2015, reitera a importancia de traballar sobre unha axenda de educación transformadora e universal, (centrada no acceso, a equidade, a inclusión, a calidade e os resultados da aprendizaxe, dentro dun enfoque da aprendizaxe ao longo de toda a vida) afirmando que a súa visión é “transformar as vidas mediante a educación” recoñecéndoa como o motor principal para a consecución dos Obxectivos de Desenrolo Sustentable propostos para o 2030.

Ante estas declaracións que moitas veces non chegan a plasmarse en políticas nin accións reais, resulta indispensable que as educadoras e educadores que apostamos pola transformación nas nosas practicas cotiás, poidamos preguntarnos que dilemas e que desafíos nos fan impulsar unha educación para a transformación e poidamos, logo, incidir nas políticas e orientacións educativas das que formamos parte.

Oscar Jara Holliday 

 

PUEDES TERMINAR DE LEER ESTE ARTÍCULO EN:
http://www.educaciontransformadoraglobal.org/wp-content/uploads/2015/12/DilemasDesafiosEducacTransform.pdf



Este sitio web utiliza cookies para mejorar la experiencia del usuario. Al continuar navegando aceptas su uso. Más información

ACEPTAR
Aviso de cookies